miércoles, 30 de mayo de 2012

EXCURSIÓN AO PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL DE FENE

O rapaces e rapazas de cuarto visitamos o martes 29 de maio o Parque de Educación Vial de Fene. A visita foi moi divertida e todos quedamos con ganas de volver. Aquí vos deixamos unha proba do "ben que conducimos" aínda que máis de un levou algunha que outra multa...


Click to play this Smilebox slideshow

viernes, 25 de mayo de 2012

TORMENTA - VIVALDI

Ameaza tormenta. Seguro que todos coñecedes as estacións de vivaldi pero, Coñecedes a tormenta?


GRAFITEROS CAPELÁNS...

Acabaron os exames. Así que toca relaxarse.
Animádevos a facer os vosos GRAFITIS on line.
A ver que vos sae...!


jueves, 17 de mayo de 2012

lunes, 14 de mayo de 2012

Visita de Gloria Sánchez

O pasado 11 de maio recibimos a visita da escritora Gloria Sánchez. Lemos o seu libro " O capitán Ro e o gato Bo" e fixémoslle un poema resumindo o libro. Ese día lemoslle o noso poema, tamén lle amosamos un pequeno resumo da súa vida coa axuda do ordenador e tamén lle entregamos un recordo do noso traballo. Aquí vos quedan unhas fotos...

Click to play this Smilebox scrapbook



viernes, 11 de mayo de 2012

ACÉNDESE A ANTORCHA OLÍMPICA

Onte acendeuse a antorcha olímpica que alumeará os Xogos Olímpicos de Londres. Ese lume viaxará ata Londres levado por ata 8.000 persoas. A ver que vos parece!


lunes, 7 de mayo de 2012

LETRAS GALEGAS 2012 - VALENTÍN PAZ ANDRADE

Este ano adicamos o día das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade. Pinchade no enlace e na foto e saberedes máis sobre el. En breve comezaremos a traballar as súas poesías...


domingo, 6 de mayo de 2012

Visítanos a escritora Gloria Sánchez

O próximo venres visitaros a escritora Gloria Sánchez. Levamos parte do curso lendo libros dela. O primeiro foi "O capitán Ro e o gato Bo", no que estivemos traballando estes últimos días. Fixemos un resumen en verso do libro e moitos debuxos. Logo teremos aquí as fotos.





lunes, 23 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO- CONCURSO DE MARCAPÁXINAS

A nosa compañeira Antía foi gañadora do concurso de marcapáxinas da aula de 4º de primaria. Como todos o fixeron tan ben, houbo un gañador por curso.
Parabéns Antía e a seguir facendoo bonito...


domingo, 22 de abril de 2012

23 de abril - DÍA DO LIBRO

Un ano máis estamos a celebrar o día do libro. Este ano colaboramos co equipo de biblioteca facendo unha exposición dos nosos libros favoritos e ademais un concurso de marcapáxinas. O luns saberemos quen é o gañador. Ufff, Qué nervios....! Ademais, o luns visitaremos a biblioteca xunto cos compañeiros de 6º para facer unha lectura colectiva do Quixote. Ïmolo pasar xenial....!
Aquí vos deixo un enlace para que poidades coñecer algo máis do Quixote...













Aquí vos quedan unha fotos do momento no que estivemos a ler o Quixote na biblioteca, celebrando o día do libro.












DÍA DA TERRA- 22 DE ABRIL




lunes, 16 de abril de 2012

REPASANDO OS NÚMEROS DECIMAIS...

Aquí vos deixo unhas páxinas para que repasades os números decimais... A ver que vos parecen!




viernes, 6 de abril de 2012

SEMPRE NOS QUEDA A ESPERANZA...




ESTA CANCIÓN É UNHA DAS NOSAS PREFERIDAS E PENSO QUE É UN BO MOMENTO PARA CANTALA...SEMPRE HAI LUGAR PARA A ESPERANZA


domingo, 1 de abril de 2012

LUME!!!





Pensabamos que o noso traballo sobre as Fragas do Eume estaba case rematado pero, por desgraza, temos que engadir un novo apartado que é o do inmenso lume que está a arrasar as nosas fragas.
 ÁNIMO PARA TODOS...!

 
ASÍ NOS GUSTARÍA VELAS SEMPRE.

jueves, 22 de marzo de 2012

VISITA DO CEIP MANUEL MASDÍAS DE FERROL

Click to play this Smilebox slideshow

Hoxe tivemos de visita aos nenos do CEIP Manuel Masdías de Ferrol. Viñeron aprender a xogar aos xogos tradicionais que temos no noso centro de interpretación. Pero, eles algo xa sabían... Aquí vos queda unha lembraza deste día no que o pasamos moi ben...

martes, 20 de marzo de 2012

XA TEMOS AQUÍ "A PRIMAVERA"

Xa temos aquí a DONA PRIMAVERA e que mellor que recibila con esta marabillosa música.... 
Empapádevos de PRIMAVERA....


 

lunes, 19 de marzo de 2012

ANIVERSARIO DE CONSTITUCIÓN DE 1812

Hoxe celebramos a promulgación da primeira constitución española na que se recoñecían dereitos como o voto pero aínda non recoñecía ningún dereito para as mulleres. Popularme foi coñecida co nome da PEPA.

200  ANOS DE CONSTITUCIÓN

lunes, 12 de marzo de 2012

Teatro na biblioteca cos rapaces de 4º. A RATIÑA 2.0


Aos nenos e nenas de cuarto de primaria tocounos, este mes, facer a representación na biblioteca. A nosa obra titulábase "A Ratiña 2.0"" por aquelo de que era unha ratiña moi moderna. Aquí quedan unhas fotos de recordo.


Click to play this Smilebox scrapbook

jueves, 8 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER TRABALLADORA - 8 DE MARZO

Hoxe non é un día de celebración senón de recoñecemento e de concienciación. Esperemos que un algún día xa non haxa que celebralo porque a Muller xa estea en igualdade de condicións en todo o mundo. Entre todos podemos conseguilo, ÁNIMO!


viernes, 24 de febrero de 2012

ENTROIDO BOMBEIRO

Pasámolo de marabilla no entroido, de comparsa pola Capela. Unhas fotos de lembraza.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This free photo collage made with Smilebox

martes, 14 de febrero de 2012

POSTAIS DE SAN VALENTÍN

Para levarnos todos un pouco mellor, este ano celebraMos a San Valentín escribíndonos uns aos outros unhas postais da amizade.

domingo, 12 de febrero de 2012

CAMISETAS SOLIDARIAS

Click to play this Smilebox slideshowAs camisetas solidarias son unha proposta ideada e deseñada por Joseba González Porras, un mestre dunha ikastola (Alkartu) de Barakaldo. Con motivo da celebración do Día do peón 2011 pensou en confeccionar unhas camisetas e desviar parte do importe cobrado polas mesmas cara a unha ONG (Aldeas infantiles). 
As camisetas véndense a 5 euros, dos cales 1,10 euros por camiseta serán os que se destinen a "Aldeas infantiles". Ao longo do ano natural que irá ata a celebración do Día do peón 2012 irase xuntando esa parte de cada camiseta e o 11 de Novembro de 2012 entregarase ao Director desa ONG a cantidade recaudada.

Dende a nosa escola tamén quixemos participar neste proxecto solidario e mercamos 162 camisetas, o que non está nada mal, tendo en conta que o número de nenas e de nenos é de 96.
Queredes ver que ben nos quedan as camisetas?




sábado, 11 de febrero de 2012

EXCURSIÓN AOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

O pasado xaneiro marchamos toda a primaria do cole a A Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae e a Domus. Xa sabemos pola enquisa que levamos a cabo no blog que o que máis vos gustou foi a Domus.  Así que animádevos a volver...

Click to play this Smilebox slideshow

lunes, 30 de enero de 2012

SEMENTAMOS A PAZ

Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ no noso cole. Os rapaces e rapazas de segundo ciclo fixemos un mural que titulamos "SEMENTAMOS A PAZ". Pronto teredes fotos para velo.
Pola tarde, todos os nenos e nenas baixamos ao patio para levar a cabo uns xogos cooperativos, todos moi divertidos que acabaron cunha chcocolada un pouco especial. Esperade polas fotos e veredes..... Proximamente.
Click to play this Smilebox photo album

viernes, 27 de enero de 2012

CANTAMOS POLA PAZ



O DÍA DA PAZ ....................... É TODOS OS DÍAS DO ANO.......................... INTENTÉMOLO!!!!!!








Temos que intentar ser amigos sempre, aceptar aos demais ainda que sexan diferentes.... senón poden pasar cousas así...

HOMES E MULLERES QUE TRABALLARON POLA PAZ




jueves, 26 de enero de 2012

jueves, 5 de enero de 2012

FELIZ DÍA DOS REIS MAGOS

FELIZ DÍA DOS REIS MAGOS, RAPACES!!!!!!!!!!!!!!!!!! DEIXADE OS ZAPATOS BEN LIMPOS, ALGO DE COMER PARA REIS E CAMELOS, DEITARSE CEDO E A AGARDAR A QUE CHEGUE A MAÑA. POR CERTO, A VER A QUEN LLE TOCAN AS SORPRESAS NO ROSCÓN!!!!!!!!!!!!!!!!!!! APERTAS E ATA PRONTO.

sábado, 24 de diciembre de 2011

XOGAMOS EN NADAL

Ola rapaces,
Déixovos uns xogos de Nadal, Queredes intentalo?

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2012

Ola a todos,
Chegaron os días dos agasallos e da diversión. De parte da profe,

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Como vos portastes moi ben seguro que tanto Papá Noel coma os Reis Magos chegarán cargados de agasallos.

Bicos e apertas para todos.


martes, 13 de diciembre de 2011

lunes, 12 de diciembre de 2011

viernes, 2 de diciembre de 2011

lunes, 28 de noviembre de 2011

EXCURSIÓN Á GRANXA GARABULLOS

O próximo xoves, 1 de decembro, marcharemos pasar o día á Granxa Garabullos en Cospeito. Esperamos pasalo moi ben e aprender moitas cousas. Aquí vos deixo un enlace para que vaides mirando un pouquichiño como é granxa.