viernes, 24 de febrero de 2012

ENTROIDO BOMBEIRO

Pasámolo de marabilla no entroido, de comparsa pola Capela. Unhas fotos de lembraza.

Click to play this Smilebox collage
Create your own collage - Powered by Smilebox
This free photo collage made with Smilebox

martes, 14 de febrero de 2012

POSTAIS DE SAN VALENTÍN

Para levarnos todos un pouco mellor, este ano celebraMos a San Valentín escribíndonos uns aos outros unhas postais da amizade.

domingo, 12 de febrero de 2012

CAMISETAS SOLIDARIAS

Click to play this Smilebox slideshowAs camisetas solidarias son unha proposta ideada e deseñada por Joseba González Porras, un mestre dunha ikastola (Alkartu) de Barakaldo. Con motivo da celebración do Día do peón 2011 pensou en confeccionar unhas camisetas e desviar parte do importe cobrado polas mesmas cara a unha ONG (Aldeas infantiles). 
As camisetas véndense a 5 euros, dos cales 1,10 euros por camiseta serán os que se destinen a "Aldeas infantiles". Ao longo do ano natural que irá ata a celebración do Día do peón 2012 irase xuntando esa parte de cada camiseta e o 11 de Novembro de 2012 entregarase ao Director desa ONG a cantidade recaudada.

Dende a nosa escola tamén quixemos participar neste proxecto solidario e mercamos 162 camisetas, o que non está nada mal, tendo en conta que o número de nenas e de nenos é de 96.
Queredes ver que ben nos quedan as camisetas?




sábado, 11 de febrero de 2012

EXCURSIÓN AOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

O pasado xaneiro marchamos toda a primaria do cole a A Coruña para visitar o Aquarium Finisterrae e a Domus. Xa sabemos pola enquisa que levamos a cabo no blog que o que máis vos gustou foi a Domus.  Así que animádevos a volver...

Click to play this Smilebox slideshow