sábado, 24 de diciembre de 2011

XOGAMOS EN NADAL

Ola rapaces,
Déixovos uns xogos de Nadal, Queredes intentalo?

BO NADAL E FELIZ ANINOVO 2012

Ola a todos,
Chegaron os días dos agasallos e da diversión. De parte da profe,

BO NADAL E FELIZ ANINOVO

Como vos portastes moi ben seguro que tanto Papá Noel coma os Reis Magos chegarán cargados de agasallos.

Bicos e apertas para todos.


martes, 13 de diciembre de 2011

lunes, 12 de diciembre de 2011

viernes, 2 de diciembre de 2011

lunes, 28 de noviembre de 2011

EXCURSIÓN Á GRANXA GARABULLOS

O próximo xoves, 1 de decembro, marcharemos pasar o día á Granxa Garabullos en Cospeito. Esperamos pasalo moi ben e aprender moitas cousas. Aquí vos deixo un enlace para que vaides mirando un pouquichiño como é granxa.






jueves, 10 de noviembre de 2011

DÍA DO PEÓN

O proximo venres 11 de novembro celebramos o DÍA DO PEÓN. Xa sabemos o dito "Polo San Martíño, peóns ao camiño". Este ano viaxaremos a Fene para levar a cabo un encontro con outros coles e así facer unha lembranza aos xogos de sempre, para que non se esquezan nunca.
PEÓNS A BAILAR!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!




miércoles, 9 de noviembre de 2011

AS ROCHAS

Estamos a estudar estos días as rochas e parece que o tema vos interesou bastante. Así que déixovos aquí algúns enlaces para aprender algo máis.






miércoles, 26 de octubre de 2011

SAMAÍN















 Esta semana é moi completa. Tamén estamos traballando na clase o SAMAÍN. Temos cabazas de todo tipo e estamos facendo manualidades... Apeteceríanvos unhas galletas fantasmagóricas........a ver se vos gusta o que fixemos. Pronto, máis fotos.


OS LIBROS QUE MÁIS ME GUSTAN

Co gallo do día das Biblioteca Escolares, temos na nosa aula unha pequena exposición cos libros que máis nos gustan. Cada un de nós prestará aos compañeiros o libro que máis lle gusta para compartir as súas experiencias.

lunes, 24 de octubre de 2011

24 de outubro - Día das Bibliotecas Escolares

O luns 24 de outubro celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares. Fixemos un concurso de slogans para animar a todo o mundo a ler. Sandra, a nosa compañeira que vedes aquí na foto, foi finalista. 
Noraboa Sandra! Segue así!
O seu slogan (detrás dela na foto) é: 

"CANTO MÁIS LES, MÁIS FORZA TES".

martes, 18 de octubre de 2011

Chega o tempo das CASTAÑAS e das CABAZAS

Todos xogades no cole, estes días, coas castañas.
Pois aquí vos quedan outro xeito de xogar e aprender todo sobre as castañas, o castiñeiro...
Espero que vos guste.





jueves, 13 de octubre de 2011

viernes, 16 de septiembre de 2011

O CAMBIO CLIMÁTICO

Sen dúbida, o cambio climático é unha das nosas maiores preocupación a día de hoxe. 
COIDADE O PLANETA.
Entra aquí e verás as consecuencias do cambio climático.

O TEMPO ATMOSFÉRICO E O CLIMA

Aquí vos queda unha dirección de Internet para aprender todo sobre o tempo e o clima. Interesantísima.

lunes, 12 de septiembre de 2011

Ola a todos, nós somos @s nen@s de cuarto do CEIP Mosteiro de Caaveiro


















Ola a todos. Aquí estamos de novo, un curso máis. Este ano temos novidades, dous novos compañeiros se incorporan á nosa clase. Son Kevín e Aarón. Benvidos á nosa clase. Agardamos que vos atopedes moi ben entre nós.

miércoles, 22 de junio de 2011

FIN DE CURSO

Hoxe todos os rapaces e rapazas do cole, profes e profas pasamos o último día de curso en convivencia como todos os anos. Desta vez pasamos o día en San Saturnino, á beira do grande río de Xubia. Foi unha semana esta moi especial e hoxe tamén porque o Cundi, o noso dire, xubilouse. Ímolo facer en falta, pero de seguro nos fará moitas visitas. Pasámolo moi ben.


martes, 21 de junio de 2011

Despedimos ao noso Cundi

Hoxe foi un día de moitas emocións. Despedimos ao noso dire "o Cundi". Aquí tedes unha fotos de recordo con el.Ímoste votar de menos.


Pasámolo en grande coa globoflexia

O prometido é deuda. Despois de moitos días nos que a profe esqueceu os globos na casa hoxe, por fin, tocou a globoflexia. Aquí vos quedan algunhas fotos.

miércoles, 8 de junio de 2011

PESÁMONOS E MEDÍMONOS

Aproveitando que estamos a estudar en matemáticas o kg. e o m. hoxe baixamos un momento ao botiquín do cole para aprender a pesarnos e medirnos. A verdade é que dende principio de curso medramos entre 4 e 7 cm, excepto a profe, claro. Mirade as nosas fotos.



VISITÁRONNOS DE NOVO OS RAPACES DE BETANZOS E A PROFE TOÑI

Hoxe volveron os rapaces de Betanzos, pero outra clase, acompañados pola profe Toñi que tamén estivo no cole hai anos e foi a nosa profe de música. Encantounos volver vela. Aquí tendes unhas fotos da visita.