martes, 29 de marzo de 2011

OS ESTADOS DA MATERIA

OS ESTADOS DA MATERIA

Aquí podedes ver cómo se comportan as particulas nos corpos sólidos, líquidos e gasosos, os distintos estados da materia.

viernes, 25 de marzo de 2011

NON ESQUEZADES CAMBIAR A HORA ...

 
Non esquezades cambiar a hora ou senón o luns chegaredes tarde ao cole.
Pinchade na foto e veredes por que e dende cando se cambia a hora.

CONCERTO da SINFÓNICA DE GALICIA E PARQUE CAMELOT

Os rapaces de 1º e 2 ciclo do CEIP Mosteiro de Caaveiro viaxamos hoxe á Coruña para asistir a un concerto didáctico da Orquestra Sinfónica de Galicia. Despois, para recuperar forzas ou, mellor dito, para acabar de perdelas estivemos comendo no parque infantil "Camelot Park" e disfrutando dunha xornada moi divertida xogando no castillo de bólas. Aquí tedes algunhas fotos. Se queredes ver máis visitade o Blog de complementarias do cole.





martes, 22 de marzo de 2011

A PIRÁMIDE DA ALIMENTACIÓN

Aquí tedes a pirámide da alimentación, onde se vos amosa os alimentos que debemos tomar e a frecuencia coa que debemos tomalos.

QUE GRANDE ESTÁ A LÚA ESTES DÍAS !!!

Despois de 18 años, a lúa éstá sendo vista moi grande e máis brillante estes días, debido ao seu máximo acercamento á Terra, coñecido como perixeo, e o mellor momento para apreciarla será cando esté cerca do horizonte ao caer a tarde.
Según o portal web da NASA, a última lúa chea que se viu tan grande e tan preto do noso planeta foi en marzo de 1993.
Explicou que a lúa chea varía de tamaño debido á  forma oval que ten a súa  órbita.
Señalou que en na súa órbita elíptica, o denominado perixeo está 50 mil kilómetros máis cerca da Terra que o outro, chamado apoxeo.

CHEGOU A PRIMAVERA !!!

Chegou a PRIMAVERA!
O pasado  21 de marzo, exactamente ás 0:21 horas, hora oficial da península, comezou a primavera astronómica no hemisferio norte. Unha estación que se alargará durante 92 días e 18 horas, ata que o próximo 21 de xuño deixe paso ao verán.

APROVEITA O BO TEMPO, E XOGADE MOITO FÓRA.

viernes, 18 de marzo de 2011

CACARABÍN, CACARABÓN

A compañía Factoria Teatro representou onte no noso cole o contacontos "Señor Mundo, dígame? Os rapaces de terceiro participaron desta actividade que, tamén, lles gustou moito aos rapaces. Aquí quedan algunhas fotos...







jueves, 17 de marzo de 2011

CONTACONTOS










Onte, mércores 16 de marzo, os rapaces da clase asistiron ao contacontos que nos trouxo a editorial Anaya. A verdade é que foi moi divertido e a todos lles encantou. Aquí vos quedan algunhas fotos.

 

martes, 15 de marzo de 2011

FOTOS DO ENTROIDO

A ALIMENTACIÓN

Comezamos un novo tema de C.M. sobre a alimentación. É moi importante que sexades conscientes da importacia da alimentación no voso correcto desenvolvimento e crecemento. Pero hai unha comida que vos costa moito a todos, O ALMORZO. Mirade aquí que importante é o almorzo.

O RELOXO - Aprendemos a hora

Aquí vos deixo un enlace para practicar a hora.

TERREMOTO

Sabedes que o pasado venres un enorme terremoto arrasou parte de Xapón. O terremoto de magnitude 9.0 causou olas de ata 10 metros de altura e un tsunami que arrasou a costa xaponesa. Despois do terremoto e o seu tsunami, o volcan Karangetang nas Illas Celebes (Indonesia) entrou en erupción a consecuencia do terremoto inicial. A NASA comprobou que o movimento telúrico (terremoto) poido mover a illa Xaponesa aproximadamente 2.4 m y alterou o eixe da terra uns 10 cm.
O terremoto de Xapón do pasado venres foi o máis grande da historia de Xapón e o quinto do Pacífico.

Se queredes obsevar como se forma un terremoto premede na foto.