jueves, 22 de marzo de 2012

VISITA DO CEIP MANUEL MASDÍAS DE FERROL

Click to play this Smilebox slideshow

Hoxe tivemos de visita aos nenos do CEIP Manuel Masdías de Ferrol. Viñeron aprender a xogar aos xogos tradicionais que temos no noso centro de interpretación. Pero, eles algo xa sabían... Aquí vos queda unha lembraza deste día no que o pasamos moi ben...

martes, 20 de marzo de 2012

XA TEMOS AQUÍ "A PRIMAVERA"

Xa temos aquí a DONA PRIMAVERA e que mellor que recibila con esta marabillosa música.... 
Empapádevos de PRIMAVERA....


 

lunes, 19 de marzo de 2012

ANIVERSARIO DE CONSTITUCIÓN DE 1812

Hoxe celebramos a promulgación da primeira constitución española na que se recoñecían dereitos como o voto pero aínda non recoñecía ningún dereito para as mulleres. Popularme foi coñecida co nome da PEPA.

200  ANOS DE CONSTITUCIÓN

lunes, 12 de marzo de 2012

Teatro na biblioteca cos rapaces de 4º. A RATIÑA 2.0


Aos nenos e nenas de cuarto de primaria tocounos, este mes, facer a representación na biblioteca. A nosa obra titulábase "A Ratiña 2.0"" por aquelo de que era unha ratiña moi moderna. Aquí quedan unhas fotos de recordo.


Click to play this Smilebox scrapbook

jueves, 8 de marzo de 2012

DÍA DA MULLER TRABALLADORA - 8 DE MARZO

Hoxe non é un día de celebración senón de recoñecemento e de concienciación. Esperemos que un algún día xa non haxa que celebralo porque a Muller xa estea en igualdade de condicións en todo o mundo. Entre todos podemos conseguilo, ÁNIMO!