viernes, 29 de abril de 2011

17 de maio - DÍA DAS LETRAS GALEGAS - adicado a LOIS PEREIRO


O vindeiro 17 de maio celebraremos, un ano máis, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS. Este ano está adicado a Lois Pereiro. Se queredes máis información premede na foto. Na clase xa comezamos a coñecer un pouquiño máis sobre a súa vida e a súa obra. Animádevos a coñecelo!

LAGOA DE DONIÑOS

O próximo martes o rapaces de 2º e 3º ciclo do CEIP Mosteiro de Caaveiro visitarán a Lagoa de Doniños, como parte das actividades que convoca a Consellería do Medio Rural. Agardamos pasalo moi ben. Pinchade na foto e teredes máis información.

jueves, 28 de abril de 2011

HOXE TAMÉN RECIBIMOS A VISITA DE CONCHA BLANCO!!!

Hoxe, 27 de abril, e como estaba previsto recibimos no noso cole á escritora Concha Blanco. Concha pasou todo o día no cole e tamén comeu con nós. Pola tarde, despois de comer, os rapaces de 2º ciclo tivemos un encontro con ela, que aínda que foi dunha hora, aos rapaces lles pareceu coma cinco minutos. Todos estuveron encantados coas súas anécdotas e o pasaron moi ben. Tamén lle fixemos un pequeno agasallo: a ilustración do seu libro "A camioneta da media risa".
GRACIAS CONCHA, PASÁMOLO MOI BEN E ESTARÍAMOS ENCANTADOS DE QUE VOLVESES...!!!

miércoles, 27 de abril de 2011

VISITÁRONNOS DE NOVO OS RAPACES DE BETANZOS

Son moitos os rapaces que hai neste cole de Betanzos, e proba diso é que hoxe estiveron de novo de visita os rapaces de 3ºde primaria. Por certo, os nosos monitores de 3º merecen un recoñecemento polo ben que o fixeron.
Seguide así rapaces!

sábado, 23 de abril de 2011

23 de ABRIL - DÍA DO LIBRO



A UNESCO promulgou, por primeira vez, O DÍA DO LIBRO o 23 abril de 1995 co fin de fomentar a lectura e o hábito de ler. Escolleuse este día porque nel coincidían o pasamento de dous escritores universais: Miguel de Cervantes e William Shakespeare, en 1616. Cada ano, unha capital dun país é a Capital Mundial do Libro. En 2001 foi Madrid ( por primeira vez)  e este ano 2011 tócalle o turno a Buenos Aires (Arxentina).

viernes, 22 de abril de 2011

22 de ABRIL - DÍA DE LA TIERRA

Todos e cada un dos días do ano debemos coidar o noso planeta Terra pero aínda así, o 22 de abril de cada ano, celebramos este día para concienciar ao mundo do uso das enerxías renovables, o aforro de auga e enerxía, a importancia de reciclaxe (que comeza nas nosas casas)... todo para poder vivir nun mundo sá.
RESPETA A NATUREZA, COIDA O TEU PLANETA!

martes, 12 de abril de 2011

HOXE, HAI 50 ANOS, DA PRIMEIRA VIAXE DO HOME AO ESPAZO


Hoxe celébranse 50 anos da primeira viaxe do home ao espazo. Foi o astronauta ruso, Yuri Gagarín, a bordo da nave Vostok 1. Premede na foto se queredes máis información.

lunes, 11 de abril de 2011

O CICLO DA AUGA

Comezamos un novo tema de Coñecemento do Medio no que, entre cousas, imos estudar o ciclo da auga. Aquí podedes ver cómo se desenvolve.

sábado, 2 de abril de 2011

XOGAMOS COS EUROS E COS CÉNTIMOS



Estos días estamos a traballar cos céntimos e cos euros. Falaramos na clase da facer unha tenda, lembrades? Pois xa podedes empezar a practicar.
Non esquezades facer primeiro a lista da compra.





E aquí podedes seguir practicando cos euros e céntimos.