miércoles, 25 de mayo de 2011

AULA DA NATUREZA DE CHELO

O martes 24 de maio os rapaces e rapazas de 1º, 2º e 3º visitamos a Aula da Natureza de Chelo. Foi unha visita moi interesante e que nos gustou moito. A nosa monitora Charo foi moi agradable e ensinounos moitas cousas que acontecen dentro e fóra do río. Agroa xa somos uns expertos en ríos. Non si? Máis fotos no Blog de complementarias.


O TRAXE TRADICIONAL GALEGO

O pasado venres os rapaces de ORBALLO visitáronnos para amosarnos os traxes tradicionais galegos. Aquí tedes algunhas fotos. Máis no blog de complementarias.



sábado, 14 de mayo de 2011

ORBALLO ENSINANOS O TRAXE TRADICIONAL GALEGO

A sociedade cultural ORBALLO explicaranos o próximo venres 20 de maio como é o traxe tradicional galego e incluso tentaremos bailar algúns dos "puntos" das súas danzas.
Premede nos enlaces para irvos poñendo ao día.


17 de MAIO - DÍA DAS LETRAS GALEGAS

RESPECTADE SEMPRE A VOSA CULTURA E O VOSO IDIOMA. FALADE GALEGO.

miércoles, 11 de mayo de 2011

IMOS VISITAR A AULA DA NATUREZA DE CHELO

O próximo día 24 de maio, os rapaces de 2º e 3º ciclo de primaria do noso cole imos visitar a Aula da Natureza de Chelo. Aquí ensinarannos todo sobre o río Mandeo e o seu contorno.
Algo xa aprendemos o pasado luns, coa charla que nos deron no noso centro sobre os ríos.
VAINOS ENCANTAR!!!

http://www.riomandeo.com/

domingo, 1 de mayo de 2011

FESTA SORPRESA POLO CUMPREANOS DA PROFE



Estos rapaces son tremendos! O venres tiñan toda unha festa sorpresa preparada para celebrar o cumpreanos da profe. Graciñas rapaces, foi o mellor cumpre do mundo!