miércoles, 26 de octubre de 2011

SAMAÍN















 Esta semana é moi completa. Tamén estamos traballando na clase o SAMAÍN. Temos cabazas de todo tipo e estamos facendo manualidades... Apeteceríanvos unhas galletas fantasmagóricas........a ver se vos gusta o que fixemos. Pronto, máis fotos.


OS LIBROS QUE MÁIS ME GUSTAN

Co gallo do día das Biblioteca Escolares, temos na nosa aula unha pequena exposición cos libros que máis nos gustan. Cada un de nós prestará aos compañeiros o libro que máis lle gusta para compartir as súas experiencias.

lunes, 24 de octubre de 2011

24 de outubro - Día das Bibliotecas Escolares

O luns 24 de outubro celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares. Fixemos un concurso de slogans para animar a todo o mundo a ler. Sandra, a nosa compañeira que vedes aquí na foto, foi finalista. 
Noraboa Sandra! Segue así!
O seu slogan (detrás dela na foto) é: 

"CANTO MÁIS LES, MÁIS FORZA TES".

martes, 18 de octubre de 2011

Chega o tempo das CASTAÑAS e das CABAZAS

Todos xogades no cole, estes días, coas castañas.
Pois aquí vos quedan outro xeito de xogar e aprender todo sobre as castañas, o castiñeiro...
Espero que vos guste.





jueves, 13 de octubre de 2011