viernes, 25 de febrero de 2011

Está chegando o ENTROIDO

O entroido anda moi preto. Está á volta da esquina e nós xa andamaos a matinar en como imos ir disfrazados. Onte mesmo, os rapaces de segundo ciclo comezamos os ensaios para facelo moi ben no entroido. Sorpresas..., sorpresas haberá este ano.

Xa estamos a ler os libros de Concha Blanco



Como xa anunciaramos, Concha Blanco vai visitar o noso cole. Nós xa comezamos a lectura na aula dunha das súas obras "A camioneta da media risa" e despois seguiremos con "A bruxiña de Sorte". A verdade que está interesante, non si rapaces...?

sábado, 12 de febrero de 2011

ESTUDAMOS AS PLANTAS


Rapaces aquí vos deixo un enlace para poder repasar as plantas e os seres vivos en xeral. Seguro que vos vai gustar.

viernes, 11 de febrero de 2011

CONCHA BLANCO

En datas vindeiras a autora de libros infantís Concha Blanco vai visitar o noso cole para compartir con todos nos a súas obra. Moitos de vós xa coñecedes algún dos seus libros: A vaca titiriteira, a casa de cartón...Polo tanto, no segundo ciclo decidimos ler e traballar dous libros desta autora que son moi divertidos: "A camioneta da risa" e "A bruxiña da sorte". Seguro pasaremos uns momentos estupendos lendo a súa obra e conversando con ela cando veña ao centro. Así que mans á obra. Aquí vos deixo un pequeno resumo da vida e a obra de Concha Blanco.
View more webinars from violeta Corujo.

COLLAGE

Comezamos no Museo de Belas Artes, cando fixemos a visita á Coruña, e continuamos na clase de plástica facendo uns collage moi divertidos con vestidos de época, que vimos nos cadros do museo, e formas humanas que recortamos de periódicos e revistas. Aquí tedes o resultado, é marabilloso cando deixamos voar o  maxín...

UNHA PANTASMA TRASTA TRASTENTA VISITOU A NOSA CLASE


Sería "osiños" o culpable desta desfeita? Seguiremos investigando ata atopar ao responsable destes actos "trastentos" na nosa clase.... ata atopar ao verdadeiro culpable....
Ou sería o profe David o trasno desta desorde...

Pois algo pasou porque ata o noso blog cambiou de apariencia, a que antes non estaba así?

Será que aquí tamén chegaron as trasnadas de .....?


 

UNHA MENSAXE ANÓNIMA CHEGOU Á NOSA CLASE


Hoxe pola maná, cando chegamos á clase, unha mensaxe "anónima" penduraba do noso encerado. Unha ameaza se cernía sobre nós. Quen seria o autor de tal mensaxe?... Que nos ocorrería se non seguíamos as ordes desta mensaxe?... Pensabamos que non ocorrería nada pero despois de comer....

jueves, 3 de febrero de 2011

O SABOR DA AVENTURA ESTÁ NO MAR

Patrociando pola Xunta de Galicia, o Grupo Terranova envíounos ao mariñeiro Luis e á cociñeira Mariña para contarnos moitas historias sobre o peixe. Eles fixéronnos rir moito mentres nos animaban a consumir peixe.


EXCURSIÓN Á CORUÑA

O pasado martes, 1 de febreiro, o 2º ciclo do cole da Capela visitamos a Coruña. Estivemos no Museo de Belas Artes, visitamos a Torre de Hércules, a Praia de Riazor,... e comimos no IES Paseo das Pontes onde nos agasallaron cunha comida riquisima servida por auténticos profesionais. Na páxina de complementarias do cole podedes ver máis fotos da saída. Aquí tedes unha mostra.

miércoles, 2 de febrero de 2011

DÍA DA PAZ NO CEIP MOSTEIRO DE CAAVEIRO DE A CAPELA

O pasado luns, 31 de xaneiro, celebramos o DÍA DA PAZ no noso cole. Todos participamos con distintas actuacións. Os rapaces de 3º cantaron unha canción en portugués "A RAMA DA OLIVEIRA" e recitaron un poema coa clase de 4º que escribiron entre todos, e que amosaban todo aquilo que comprometía a PAZ. Aquí tedes un pequeno testimonio da súa actuación.