lunes, 27 de diciembre de 2010

FOTOS FESTIVAL DE NADAL 2011

Aquí tedes unha pequena mostra da actuación dos rapaces o día do festival de nadal. Foi un traballo duro pero fixérono moi ben. Son uns artistas!


martes, 21 de diciembre de 2010

BO NADAL E FELIZ ANO NOVO 2011

PREPARAMOS O NADAL

O NADAL xa está aquí. Preparamos algúns traballos que levaremos á casa pero xa tedes un adianto no noso blog. AH! BO NADAL para todos.

ARTE EN PLASTILINA

Os rapaces aprenderon a reciclar. Un bote de iogurt líquido e un pouco de pasta e plastilina deron este resultado. Todos o estades disfrutando xa nas vosas casas. Que uso lle estades dando? Potavelas, florero, lapiceiro...

viernes, 17 de diciembre de 2010

SOMOS MONITORES DEPORTIVOS...

Os rapaces fixeron un moi bo traballo coa visita do Colexio de Valón ensinando aos rapaces eses xogos tradicionais que eles veñen aprendendo dende ben pequenos. Aquí tedes unha pequena mostra.



O DÍA DO PEÓN no Ceip Mosteiro de Caaveiro

Como fala aquel dito "Polo San Martiño, peóns ao camiño". 
Como todos os anos celebramos no cole o día do Peón coa presenza e pais e avós. Os rapaces fixeron gala das súas habilidades co peón. Son uns auténticos artistas!


jueves, 16 de diciembre de 2010

CONTOS DE MEDO POLO SAMAÍN

Era o tempo do Samaín... cando os nosos rapaces imitando aos mellores escritores de contos de medo nos deleitaron cunha marabillosa actuación na biblioteca do cole. Contáronlle a todo o cole os contos que eles mesmos escribiran asustando a todos coas súas historias e os seus disfraces. Aquí vos queda unha pequena mostra.


COÑECEMOS O MUNDO DOS FUNGOS E COGOMELOS

Os rapaces fixéronse uns auténticos expertos no mundo dos cogomelos.
Primeiro recibiron unha charla por parte de expertos da Consellería do Medio Rural.
Na clase tamén fixemos unha unidade didáctica sobre os cogomelos. Polo tanto, era o momento de coñecelos mellor. Así xunto cos rapaces de 4º, 5º e 6º marchamos ao Forgoselos recoller cogomelos. Atopamos tantos que decidimos facer unha pequena exposición no Telecentro do cole.


A CASTAÑADA

A finais do outubro todo o cole saímos celebrar a tradicional castañada do Ceip Mosteiro de Caaveiro.
Despois dunha pequena ruta polo Centro de Interpretación do Río Sesín dirixido por Secundino, os rapaces participaron dunha divertida xornada na que degustaros uns riquisimos bocadillos e unhas deliciosas castañas.


VISITA A AULA DE ECOLOXÍA URBANA DE FERROL E AQUACIENCIA

No mes de setembro os rapaces visitaron a Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol para aprender a ser consumidores responsables. Aproveitamos a visita ao parque Reina Sofía para visitar o parque de Aquaciencia. Os rapaces pasárono en grande experimentando con distintas máquinas que funcionan a base de auga. Por sorte, tamén poidemos observar en vivo e en directo a rodaxe dunha película galega que se estrenará proximamente.

ASÍ COMEZAMOS O NOSO CURSO...

Era aínda verán cando comezamos o curso.
Así de frescos e simpáticos posamos no patio do cole.

miércoles, 15 de diciembre de 2010

BENVIDOS

Benvidos ao blog da aula de 3º do cole da Capela.
Comezamos aquí un novo proxecto da aula de terceiro.
Neste espazo iremos reflictindo todas as actividades, traballos e sucesos que acontezan ao longo deste curso.
A idea é que éste sea un lugar de encontro para pais, mestres e alumnos e así, entre todos, compartamos esta andaina.
Agardo que vos guste.