miércoles, 22 de junio de 2011

FIN DE CURSO

Hoxe todos os rapaces e rapazas do cole, profes e profas pasamos o último día de curso en convivencia como todos os anos. Desta vez pasamos o día en San Saturnino, á beira do grande río de Xubia. Foi unha semana esta moi especial e hoxe tamén porque o Cundi, o noso dire, xubilouse. Ímolo facer en falta, pero de seguro nos fará moitas visitas. Pasámolo moi ben.


martes, 21 de junio de 2011

Despedimos ao noso Cundi

Hoxe foi un día de moitas emocións. Despedimos ao noso dire "o Cundi". Aquí tedes unha fotos de recordo con el.Ímoste votar de menos.


Pasámolo en grande coa globoflexia

O prometido é deuda. Despois de moitos días nos que a profe esqueceu os globos na casa hoxe, por fin, tocou a globoflexia. Aquí vos quedan algunhas fotos.

miércoles, 8 de junio de 2011

PESÁMONOS E MEDÍMONOS

Aproveitando que estamos a estudar en matemáticas o kg. e o m. hoxe baixamos un momento ao botiquín do cole para aprender a pesarnos e medirnos. A verdade é que dende principio de curso medramos entre 4 e 7 cm, excepto a profe, claro. Mirade as nosas fotos.



VISITÁRONNOS DE NOVO OS RAPACES DE BETANZOS E A PROFE TOÑI

Hoxe volveron os rapaces de Betanzos, pero outra clase, acompañados pola profe Toñi que tamén estivo no cole hai anos e foi a nosa profe de música. Encantounos volver vela. Aquí tendes unhas fotos da visita.

VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO DE A CAPELA

Hoxe visitamos o  Museo da Capela. Ese museo que hai anos comezaron os mestres e familias do noso cole. Dende aquí queremos invitarvos a todos a coñecelo. Aquí quedan unhas fotos da visita e temos máis no blog de complementarias do noso cole.



martes, 7 de junio de 2011

CUMPREANOS DE SANDRA

Hoxe foi tamén o cumpreanos de Sandra. Tróuxonos ao cole un riquísimo pastel do que demos conta nun abrir e pechar de ollos. Estaba boísimo. Grazas Sandra e feliz cumpreanos.

domingo, 5 de junio de 2011

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

Hoxe 5 de xuño celebramos, en todo o mundo, o Día Mundial do Medio Ambiente. Non esquezades coidar o noso planeta e lembrade todo o que podemos facer por el, e que falamos a miúdo na clase. Premede na foto para saber máis.