Esta semana é moi completa. Tamén estamos traballando na clase o
SAMAÍN.
Temos cabazas de todo tipo e estamos facendo manualidades...
Apeteceríanvos unhas galletas fantasmagóricas........a ver se vos gusta o que fixemos. Pronto, máis fotos.
Co gallo do día das Biblioteca Escolares, temos na nosa aula unha pequena exposición cos libros que máis nos gustan. Cada un de nós prestará aos compañeiros o libro que máis lle gusta para compartir as súas experiencias.
O luns 24 de outubro celebramos no cole o Día das Bibliotecas Escolares. Fixemos un concurso de slogans para animar a todo o mundo a ler. Sandra, a nosa compañeira que vedes aquí na foto, foi finalista.
Todos xogades no cole, estes días, coas castañas.
Pois aquí vos quedan outro xeito de xogar e aprender todo sobre as castañas, o castiñeiro...
Espero que vos guste.