domingo, 1 de julio de 2012
sábado, 30 de junio de 2012
lunes, 4 de junio de 2012
VISITA VIRTUAL ÁS FRAGAS DO EUME
miércoles, 30 de mayo de 2012
EXCURSIÓN AO PARQUE DE EDUCACIÓN VIAL DE FENE
sábado, 26 de mayo de 2012
viernes, 25 de mayo de 2012
TORMENTA - VIVALDI
Ameaza tormenta. Seguro que todos coñecedes as estacións de vivaldi pero, Coñecedes a tormenta?
GRAFITEROS CAPELÁNS...
jueves, 17 de mayo de 2012
martes, 15 de mayo de 2012
lunes, 14 de mayo de 2012
Visita de Gloria Sánchez
O pasado 11 de maio recibimos a visita da escritora Gloria Sánchez. Lemos o seu libro " O capitán Ro e o gato Bo" e fixémoslle un poema resumindo o libro. Ese día lemoslle o noso poema, tamén lle amosamos un pequeno resumo da súa vida coa axuda do ordenador e tamén lle entregamos un recordo do noso traballo. Aquí vos quedan unhas fotos...
viernes, 11 de mayo de 2012
ACÉNDESE A ANTORCHA OLÍMPICA
Onte acendeuse a antorcha olímpica que alumeará os Xogos Olímpicos de Londres. Ese lume viaxará ata Londres levado por ata 8.000 persoas. A ver que vos parece!
lunes, 7 de mayo de 2012
LETRAS GALEGAS 2012 - VALENTÍN PAZ ANDRADE
Este ano adicamos o día das Letras Galegas a Valentín Paz Andrade. Pinchade no enlace e na foto e saberedes máis sobre el. En breve comezaremos a traballar as súas poesías...
domingo, 6 de mayo de 2012
Visítanos a escritora Gloria Sánchez
O próximo venres visitaros a escritora Gloria Sánchez. Levamos parte do curso lendo libros dela. O primeiro foi "O capitán Ro e o gato Bo", no que estivemos traballando estes últimos días. Fixemos un resumen en verso do libro e moitos debuxos. Logo teremos aquí as fotos.
lunes, 23 de abril de 2012
DÍA DO LIBRO- CONCURSO DE MARCAPÁXINAS
domingo, 22 de abril de 2012
23 de abril - DÍA DO LIBRO
Un ano máis estamos a celebrar o día do libro. Este ano colaboramos co equipo de biblioteca facendo unha exposición dos nosos libros favoritos e ademais un concurso de marcapáxinas. O luns saberemos quen é o gañador. Ufff, Qué nervios....! Ademais, o luns visitaremos a biblioteca xunto cos compañeiros de 6º para facer unha lectura colectiva do Quixote. Ïmolo pasar xenial....!
Aquí vos deixo un enlace para que poidades coñecer algo máis do Quixote...
Aquí vos quedan unha fotos do momento no que estivemos a ler o Quixote na biblioteca, celebrando o día do libro.
Aquí vos deixo un enlace para que poidades coñecer algo máis do Quixote...
Aquí vos quedan unha fotos do momento no que estivemos a ler o Quixote na biblioteca, celebrando o día do libro.
lunes, 16 de abril de 2012
sábado, 7 de abril de 2012
viernes, 6 de abril de 2012
SEMPRE NOS QUEDA A ESPERANZA...
ESTA CANCIÓN É UNHA DAS NOSAS PREFERIDAS E PENSO QUE É UN BO MOMENTO PARA CANTALA...SEMPRE HAI LUGAR PARA A ESPERANZA
domingo, 1 de abril de 2012
LUME!!!
Pensabamos que o noso traballo sobre as Fragas do Eume estaba case rematado pero, por desgraza, temos que engadir un novo apartado que é o do inmenso lume que está a arrasar as nosas fragas.
ÁNIMO PARA TODOS...!
ASÍ NOS GUSTARÍA VELAS SEMPRE.
jueves, 22 de marzo de 2012
VISITA DO CEIP MANUEL MASDÍAS DE FERROL
martes, 20 de marzo de 2012
XA TEMOS AQUÍ "A PRIMAVERA"
Xa temos aquí a DONA PRIMAVERA e que mellor que recibila con esta marabillosa música....
Empapádevos de PRIMAVERA....
lunes, 19 de marzo de 2012
ANIVERSARIO DE CONSTITUCIÓN DE 1812
Hoxe celebramos a promulgación da primeira constitución española na que se recoñecían dereitos como o voto pero aínda non recoñecía ningún dereito para as mulleres. Popularme foi coñecida co nome da PEPA.
200 ANOS DE CONSTITUCIÓN
200 ANOS DE CONSTITUCIÓN
lunes, 12 de marzo de 2012
Teatro na biblioteca cos rapaces de 4º. A RATIÑA 2.0
jueves, 8 de marzo de 2012
DÍA DA MULLER TRABALLADORA - 8 DE MARZO
Hoxe non é un día de celebración senón de recoñecemento e de concienciación. Esperemos que un algún día xa non haxa que celebralo porque a Muller xa estea en igualdade de condicións en todo o mundo. Entre todos podemos conseguilo, ÁNIMO!
lunes, 5 de marzo de 2012
viernes, 24 de febrero de 2012
ENTROIDO BOMBEIRO
Pasámolo de marabilla no entroido, de comparsa pola Capela. Unhas fotos de lembraza.
This free photo collage made with Smilebox |
martes, 14 de febrero de 2012
POSTAIS DE SAN VALENTÍN
Para levarnos todos un pouco mellor, este ano celebraMos a San Valentín escribíndonos uns aos outros unhas postais da amizade.
domingo, 12 de febrero de 2012
CAMISETAS SOLIDARIAS
As camisetas
solidarias son unha proposta ideada e deseñada por Joseba González
Porras, un mestre dunha ikastola (Alkartu) de Barakaldo. Con motivo da
celebración do Día do peón 2011 pensou en confeccionar unhas camisetas e desviar parte do importe cobrado
polas mesmas cara a unha ONG (Aldeas infantiles).
As camisetas véndense a
5 euros, dos cales 1,10 euros por camiseta serán os que se destinen a
"Aldeas infantiles". Ao longo do ano natural que irá ata a celebración
do Día do peón 2012 irase xuntando esa parte de cada camiseta e o 11 de
Novembro de 2012 entregarase ao Director desa ONG a cantidade recaudada.
Dende a nosa escola tamén quixemos participar neste proxecto solidario e mercamos 162 camisetas, o que non está nada mal, tendo
en conta que o número de nenas e de nenos é de 96.
Queredes ver que ben nos quedan as camisetas?
sábado, 11 de febrero de 2012
EXCURSIÓN AOS MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES
jueves, 2 de febrero de 2012
lunes, 30 de enero de 2012
SEMENTAMOS A PAZ
Hoxe celebramos o DÍA DA PAZ no noso cole. Os rapaces e rapazas de segundo ciclo fixemos un mural que titulamos "SEMENTAMOS A PAZ". Pronto teredes fotos para velo.
Pola tarde, todos os nenos e nenas baixamos ao patio para levar a cabo uns xogos cooperativos, todos moi divertidos que acabaron cunha chcocolada un pouco especial. Esperade polas fotos e veredes..... Proximamente.
Pola tarde, todos os nenos e nenas baixamos ao patio para levar a cabo uns xogos cooperativos, todos moi divertidos que acabaron cunha chcocolada un pouco especial. Esperade polas fotos e veredes..... Proximamente.
domingo, 29 de enero de 2012
viernes, 27 de enero de 2012
CANTAMOS POLA PAZ
O DÍA DA PAZ ....................... É TODOS OS DÍAS DO ANO.......................... INTENTÉMOLO!!!!!!
Temos que intentar ser amigos sempre, aceptar aos demais ainda que sexan diferentes.... senón poden pasar cousas así...
HOMES E MULLERES QUE TRABALLARON POLA PAZ
jueves, 26 de enero de 2012
VEN COÑECER OS MUSEOS CORUÑESES...
Déixovos distintos enlaces para que teñades información sobre os museos de A Coruña que penso son moi interesantes e podedes visitar coa familia. Algo xa coñecedes, verdade?
miércoles, 25 de enero de 2012
jueves, 12 de enero de 2012
jueves, 5 de enero de 2012
FELIZ DÍA DOS REIS MAGOS
FELIZ DÍA DOS REIS MAGOS, RAPACES!!!!!!!!!!!!!!!!!!
DEIXADE OS ZAPATOS BEN LIMPOS, ALGO DE COMER PARA REIS E CAMELOS, DEITARSE CEDO E A AGARDAR A QUE CHEGUE A MAÑA.
POR CERTO, A VER A QUEN LLE TOCAN AS SORPRESAS NO ROSCÓN!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
APERTAS E ATA PRONTO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)