miércoles, 26 de enero de 2011

OUTRO DÍA DE LARPEIRADAS!










Hoxe tivemos outra tarde de larpeiradas. Alba tróuxonos unha riquisima tarta de chocolate que, esta vez,compartimos con David, o profe de música. Grazas Alba.

VISITA DO CEIP VALES VILLAMARÍN DE BETANZOS

Hoxe recibimos a visita da clase de 3º B do CEIP Vales Villamarín de Betanzos. A pesares do frío o rapaces pasarono en grande ensinando a estes compañeiros os xogos tradicionais. Aquí tedes unhas fotos da visita de hoxe.

 

martes, 25 de enero de 2011

EXCURSIÓN AO MUSEO DE BELAS ARTES DE A CORUÑA

O próximo martes, 1 de febreiro, os nenos e nenas de 2º ciclo do CEIP Mosteiro de Caaveiro de A Capela visitarán o Museo de Belas Artes de A Coruña. Pasaremos a mañá no Museo visitando a exposición e facendo obradoiros. A continuación, comeremos no IES Paseo de As Pontes, na escola de hostelería de A Coruña, para, pola tarde, visitar a cidade se o tempo o permite.

A VOLTAS COA DIVISIÓN

Hoxe comenzamos un novo espazo no máxico mundo das matemáticas, A DIVISIÓN. Aínda que somos uns novatos, aquí tendes algúns enlaces para empezar a xogar e practicar. A ver que vos parecen.!


lunes, 24 de enero de 2011

A RAMA DA OLIVEIRA - Canción portuguesa


CANCIÓN PARA A PAZ

30 DE XANEIRO- DÍA DA PAZ




O próximo día 30 de xaneiro celebraremos o día da PAZ. Como ese día non estamos no cole celebrarémolo o luns 31. Xa empezamos coas primeiras actividades. Estamos a facer un poema de PAZ, un pequeno mural sobre "A liberdade é...", tamén estamos aprendendo unha canción portuguesa "A rama da oliveira" e moito máis. Non o esquezades nunca, "BUSCADE SEMPRE A PAZ".

miércoles, 19 de enero de 2011

QUE DELICIOSOS...!

Esta fin de semana os rapaces levaron, como tarefa da casa, escribir unha receta de cociña. A mamá de Marcos envíounos, o luns, unha proba da súa receta de mazá e hoxe, a avoa de Uxía, cociñounos uns riquísimos freixós. Non quedaron nin as miguiñas... estaban deliciosos. En nome de todos, grazas a estas dúas magníficas cociñeiras.




FOMOS DE TEATRO COS TRINQUE TRINQUE

Onte, 18 de xaneiro os nenos e nenas da clase fomos de teatro á biblioteca do cole. Os rapaces do TRINQUE TRINQUE contáronnos contos moi divertidos con música, con maxia, con monicreques.... A verdade é que o pasamos estupendamente. Estamos desexando repetir.

martes, 18 de enero de 2011

XOGAMOS COAS TÁBOA DE MULTIPLICAR

Tamén podemos aprender a táboa mentes xogamos.... Probade neste enlace e xa me contaredes.


ESTUDAMOS AS TÁBOAS DE MULTIPLICAR


Aquí vos deixo unha páxina moi interesante que atopei en Internet para estudar e repasar as táboas de multiplicar. Ánimo e a estudar que aquí vos resultará moi divertido.


miércoles, 12 de enero de 2011

OS NENOS E NENAS DE 3º NO FESTIVAL DE NADAL

Son uns artistas,diso non cabe dúbida!. Aquí queda a actuación dos alumnos e alumnas de 3º de primaria no Festival de Nadal. Agardo que vos guste.

APRENDEMOS MOITO DO MUNDO DOS ANIMAIS

Estes días estamos a aprender moitas cousas sobre o mundo dos animais. Xa sabemos se son vertebrados, invertebrados, que comen, como se reproducen... Pero se queredes saber máis aquí tedes unhas páxinas moi interesantes. Só tedes que entrar clicando co rato nos apartados que tedes abaixo. Agardo que vos guste.





ANIMAIS VERTEBRADOS

ANIMAIS INVERTEBRADOS

jueves, 6 de enero de 2011

FELIZ DÍA DOS REIS MAGOS

FELIZ DÍA DOS REIS MAGOS PARA TODOS, RAPACES!

Seguriño que vos portastes moi ben así que os Reis Magos van chegar cargadiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiños de agasallos. Non vos preocupedes se algún paquete chega un pouco mollado. ¡A noite está tremenda....! Pasalo moi ben.