miércoles, 19 de enero de 2011

QUE DELICIOSOS...!

Esta fin de semana os rapaces levaron, como tarefa da casa, escribir unha receta de cociña. A mamá de Marcos envíounos, o luns, unha proba da súa receta de mazá e hoxe, a avoa de Uxía, cociñounos uns riquísimos freixós. Non quedaron nin as miguiñas... estaban deliciosos. En nome de todos, grazas a estas dúas magníficas cociñeiras.