A UNESCO promulgou, por primeira vez, O DÍA DO LIBRO o 23 abril de 1995 co fin de fomentar a lectura e o hábito de ler. Escolleuse este día porque nel coincidían o pasamento de dous escritores universais: Miguel de Cervantes e William Shakespeare, en 1616. Cada ano, unha capital dun país é a Capital Mundial do Libro. En 2001 foi Madrid ( por primeira vez) e este ano 2011 tócalle o turno a Buenos Aires (Arxentina).